Estación Galega do Voluntariado – Concurso

Tra-la eliminación dos terreos correspondentes a antiga fábrica de conservas, a parcela adquire unha xeometría triangular delimitada por tres elementos: Avenida de Galicia coa praia de Baltar, Piscina municipal e a nova vía.

Xa que a nova vía permite a eliminación da rúa de Baltar coa consecuente unificación da parcela ubicamos o edificio xunto a ela co fin de liberar o maior espacio público posible fronte as piscinas municipáis, para elo tamén se vinculan os aparcadoiros directamente coas vías. Entre o edificio e a nova vía proponse a recuperación do regato e a creación dun muro de pedra que separa dos novos aparcadoiros e da carreteira. Este novo espacio está relacionado coa zona principal de esparcemento mediante os espacios libres que deixa o edificio.

Plantéxase un edificio lonxitudinal que se vai pregando a medida que vai avanzando, emulando acontecementos da zona como as dunas e as ondas do mar. O edificio é unha gran lámina pregada que permite unir tanto física como visualmente os dous espacio públicos mencionados. Esta lámina acolle diversas caixas que albergan as necesidades do programa.

A zona principal de esparcemento ten unha gran rambla de madeira que conduce directamente á entrada principal do edificio. Está delimitada por bancos e farolas que ó mesmo tempo serven de conexión coa explanada de pizarra que unifica os accesos ás  piscinas e ó campo de futbol. Enfrontado ó acceso ó edificio e a modo de illa, aparece unha zona verde arbolada partida polo paso dunha pérgola de madeira. O pavemento dos aparcadoiros será de adoquín de granito. Dada a diafanidade do espacio, a zona urbanizada é susceptible de acoller diferentes actos públicos como por exemplo a feira semanal.

O edificio consta dunha lámina de formigón que vai pregándose a medida que vai avanzando. Esta lámina é a cuberta do edificio, sendo o cerramento na súa maior parte de vidro. Baixo este gran volumen vanse añadindo unha serie de caixas de madeira que servirán para albergar os diferentes usos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Contacto

    Cuesta de la Palloza 3-3ºizq
    15006 A Coruña

    tlf. (+34) 981 171 229
    mvl. (+34) 606 901 303

    info@imbo.es

  • Aviso legal y política de privacidad

    Puede ver las condiciones generales y de privacidad "aquí"

  • Política de cookies

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación.
    Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
    Puede cambiar la configuración de su navegador u obtener más información "aquí"